Apertura das listas de interinidades e substitucións de informática e sistemas e aplicacións informáticas


16 Dec, 2019

WEB - Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade de informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227)

Prazo para formular solicitudes de cinco días hábiles

Resolución do 16 de decembro de 2019

Modelo de solicitude

Modelo de alegación de méritos

Códigos: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal depostos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301). Os dereitos de inscrición nas listas serán de 17,60 euros (salvo exencións)

Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses a contar dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998,de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.