Orde de TITULACIÓNS que permiten a incorporacións ás LISTAS de interinidades e substitucións


11 Dec, 2019

DOGORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

As titulacións que dan acceso ás listas de persoas aspirantes a desenvolver postos docentes en réxime de interinidade e/ou substitucións son as establecidas nos anexos I, II, III e IV, para os corpos de mestres/as, de profesores/as de ensino secundario, de profesores/as técnicos/as de formación profesional e de profesores/a de escolas oficiais de idiomas, respectivamente.

Para os efectos das actualizacións que sexan necesarias nos anexos como consecuencia de novas titulacións, constituirase unha Comisión de Seguimento nomeada pola persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

1. Nas especialidades 201 (Cociña e Pastelaría), 203 (Estética), 218 (Peiteado) e 226 (Servizos de Restauración), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, establécese a aplicación da prioridade das titulacións segundo a prelación pola que aparecen recollidas no anexo III desta orde.

2. Nas especialidades 004 (Chinés), 013 (Xaponés) e 017 (Ruso), do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, establécese a aplicación da prioridade das titulacións segundo a prelación pola que aparecen recollidas no anexo IV desta orde.

Disposición adicional segunda. Equivalencias de titulacións homologadas.

Reunirán o requisito de titulación para acceso ás listas de persoas aspirantes a desenvolver postos docentes en réxime de interinidades e/ou substitucións, as persoas que posúan unha das titulacións homologadas ás publicadas nos anexos desta orde con base no Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro, sobre homologación de títulos aos do Catálogo de títulos universitarios oficiais, ou a calquera outra disposición que sexa de aplicación.

Poderá recorrerse potestativamente en reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.