Volver

Galicia Out 10, 2019

XXIII Xornadas do Ensino en Lugo


WEB - Xornadas de formación do profesorado organizadas por ANPE Lugo OS DISTINTOS MODUS OPERANDI RELATIVOS AOS DELITOS NOS QUE SE POIDAN VER AFECTADOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DUN CENTRO (ACOSO, CIBERBULLYING, SEXTING, AMEAZAS …)

Celebrarase os vindeiros 25 e 26 de outubro (venres de 16:30 a 21:30 h e sábado de 09:00 a 14:00h) no Salón de Actos do Edificio Administrativo Multiusos de Lugo, Rda. da Muralla, nº 70 – Lugo.

Aberto o prazo de matrícula do 24 de setembro ao 23 de outubro.  Instancia de matrícula 

(máis información: lugo@anpe.es - 982 227912)

PROGRAMA

Ponentes

  •  José Antonio Vázquez Taín, xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor. Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
  •  Francisco Vázquez Fernández, Inspector xefe do Grupo de Delincuencia Especializada e Violenta da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo. Licenciado em Ciencias Económicas pola Universidade de A Coruña.
  •  Mª Isabel Barreiro Gundín, Funcionaria do Corpo de Mestres. Foi asesora na Consellería de Educación, Universidade e F.P., etapa na que participou activamente na elaboración do “Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. Ten participado como ponente en actividades de formación para equipos directivos, anpas e profesorado en xeral sobre atención á diversidade, orientación e convivencia. Na actualidade está a traballar na elaboración de programas da Consellería para a mellora da convivencia nos centros educativos
  •  Nicolas Fernández Guisado, Presidente Nacional de ANPE. Licenciado en Dereito. Diplomado en Maxisterio.
  •  Julio Díaz Escolante, Profesor de Primaria (Especialidade: Pedagoxía Terapéutica, Matemáticas e Ciencias Naturais). Presidente de ANPE Galicia
  • Julio César Trashorras de la Fuente, Profesor de Matemáticas. Vicepresidente de ANPE Galicia.
     
190923_poster_xornadalugo


#Acción sindical #Formación

Volver