Volver

Galicia Out 18, 2018

XXII Xornadas do Ensino: Formación presencial homologada (10h)


  Xornadas de formación do profesorado organizadas por ANPE Lugo que versarán sobre A MAXIA COMO RECURSO MOTIVADOR E COMO ELEMENTO DINAMIZADOR NA AULA E FACILITADOR DA APRENDIZAXE.

Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Celebrarase os vindeiros 19 e 20 de outubro (venres de 17:00 a 21:00 h e sábado de 09:00 a 15:00h) na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Avda. Ramón Ferreiro s/n – Lugo.

Aberto o prazo de matrícula do 18 de setembro ao 17 de outubro.   

Instancia de matrícula (máis información: lugo@anpe.es - 982 227912)

Programa da xornada

Actuarán como ponentes:

  • Xuxo Ruíz Domínguez, mestre, especialista en Educación Física. Recibiu o Premio ao mérito educativo polo seu labor innovador na educación. Considerado un dos 50 mellores mestres do mundo, sendo finalista no premio Nobel de Educación, o GLOBAL TEACHER PRIZE. No ano 2010 recibe un WORLD GUINNESS RECORD, polo seu labor solidario coa ONG Fundación Abracadabra, coa que ensina a facer maxia a nenos hospitalizados e afectados por cáncer.
  • Nicolas Fernández Guisado, Presidente Nacional de ANPE. Licenciado en Dereito. Diplomado en Maxisterio.
  • J. Ricardo Paredes Pampín, funcionario do Corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de Tecnoloxía. Mago especialista en temas de Tecnoloxía.
  • Fernando Domínguez Dapía, mestre especialista em Pedagoxía Terapéutica. Traballou en talleres de formación ocupacional. Mago.
  • Julio Díaz Escolante, Presidente de ANPE-Galicia. Profesor de Primaria (Especialidade: Pedagoxía Terapéutica, Matemáticas e Ciencias Naturais).

 

ficha_xornadaxxii
programa_xornadaxxii


#Acción sindical #Formación

Volver