VIII Congreso Sindical Ordinario de ANPE


14 Xun, 2018

Os dias 14 e 15 de xuño celebramos o VIII Congreso Sindical Ordinario na cidade de Guadalaxara. Baixo o lema: "Son docente, son do ensino público, son de ANPE", debatiranse en grupos de traballo as ponencias: Profesorado: factor clave do proceso educativo e Retos e desafíos da Educación para os vindeiros catro anos.