Volver

Galicia Abr 24, 2019

STEMweek - Axudas ao alumnado de 3º e 4º de ESO para a realización de actividades formativas STEM en inglés


DOG ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que estea a cursar 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.

Nº de prazas: 200.

Importe individual: a contía da axuda para cada beneficiario será o custo total da actividade.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

 


#Plurilingüismo #Premios, Becas e Axudas

Volver