Volver

Galicia Abr 30, 2019

Seccións Bilingües - convocatoria para novas incorporacións


DOGRESOLUCIÓN do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/20.

Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/20, esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeira. Que a regulación e convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/portal.

Segunda. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

A solicitude deberá incluír, entre outros datos, as áreas, materias ou módulos para os que se solicita o programa, as etapas e cursos en que se desenvolverá, a lingua estranxeira de elección, un breve proxecto e o número de alumnos participantes na iniciativa. No referido ao profesorado, xuntarase, de ser o caso, a xustificación acreditativa da súa competencia lingüística no idioma estranxeiro correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL).

Terceira. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2019.


#Plurilingüismo #Seccións Bilingües

Volver