Volver

Galicia Ago 14, 2017

Sección Bilingüe - CMUS A Coruña


Luns 14/08/2017    RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga da sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña.    Mediante a Orde do 30 de xullo de 2015 (DOG do 12 de agosto) autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, dunha sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña.O artigo 9 da devandita orde establece que o proxecto ten unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos, logo do informe favorable do servizo de inspección educativa emitido tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.   Prorrogar, por un período de dous anos, a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa finalidade de favorecer a práctica do inglés entre o alumnado de dito centro.    Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 


#Plurilingüismo #Seccións Bilingües

Volver