Volver

Galicia Out 15, 2015

Retribución extraordinaria doutro 25% do 12 pero, e as do 2013,2014,2015


Luns 05/10/2015   LEI 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.    O Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado e se adoptan outras medidas en materia de emprego público e de estímulo da economía, recolle no seu artigo 1, co carácter de normativa básica e entre outras medidas de emprego público, o aboamento, dentro do exercicio 2015 e por unha soa vez, dunha retribución de carácter extraordinario polo importe equivalente a 48 días ou ao 26,23 por cento dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012, por aplicación do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo.           LINK Ó DOG       RECORDATORIO: Somos das únicas comunidades que seguimos coas extras recortadas nun 40% ata o 2018 . Basta de enganos e migallas!!!


#Retribucións

Volver