Resumo Mesa de Negociación pola HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA


07 Xun, 2018

MS_ pola HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA

Tras a Mesa Sectorial desta tarde a Administración propón unha suba de 80 euros mensuais, TOTALMENTE INSUFICIENTE para ANPE. 
A Administración presentaranos mañá ás 11:00 a súa última e definitiva proposta.

Na nosa primeira intervención ANPE Galicia quere que conste en acta que estamos a falar dunha subida salarial para todo o profesorado ante os rumores xurdidos de que non vai a afectar a todo o profesorado (laboral, inspección, etc).

A proposta que nos presenta hoxe a Administración é a que nos propuxo ao final da última Mesa.

ANPE xa afirmou na última Mesa que non imos a entrar nunha guerra de subidas e baixadas de 5 en 5.

ANPE estaría disposto a negociar cos prazos de aplicación do Acordo pero a Administración resposta: A Administración considera que esta negociación da para pouco máis xa que non aprecia moitos movementos por parte da parte sindical. Na Mesa Sectorial de mañá, ás 11:00 horas presentará a súa última proposta retributiva para a súa valoración por parte das organizacións sindicais.

LER o RESUMO