Resumo da Mesa Sectorial sobre oposicións 2020 e prórroga de direccións


26 Mai, 2020

WEB - RESUMO da Mesa Sectorial sobre INFORMACIÓN OPOSICIÓNS 2020 e proxecto de orde pola que se prorrogan as DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería considera que non pode haber garantías xurídicas plenas e absolutas para o proceso selectivo correspondente á Oferta do 2020 pero que, en todo caso, a máxima garantía que se lles pode dar é levando a cabo o que en termos xurídicos se denominan “actos declarativos de dereitos”. No caso do que falamos ditos actos declarativos de dereitos terían lugar coa apertura do prazo de presentación de solicitudes e, máis aínda, coa publicación da lista provisional de admitid@s nos procesos selectivos. Polo tanto, manteñen que para dar a máxima garantía xurídica aos procesos selectivos, debe abrirse o antes posible o prazo de presentación de solicitudes para consumar ditos actos declarativos de dereito. Máis aínda cando o Estado acaba de anunciar o aprazamento “sine die” de todos os procesos selectivos pendentes, salvo aqueles que xa estiveran convocados previamente; escenario que non ofrece un panorama especialmente alentador no sentido da seguridade xurídica futura. Por outra banda, o Estado tamén ven de publicar no BOE o Real Decreto 537/2020 polo que se prorroga o estado de alarma e que, no seu artigo 9, reabre os prazos administrativos a partires do 1 de xuño. Isto, segundo a Consellería, obriga ou ben a abrir o prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos en dita data ou a desistir da convocatoria actual co risco evidente de que se poidan perder as prazas convocadas na OPE 2020