Resumo da Mesa Sectorial - Concurso específico de Orientación (Mestres)


13 Nov, 2018

En primeiro lugar desde ANPE consideramos que a Administración debería convocar tamén o Concurso de Adultos, independentemente do número de prazas para favorecer a mobilidade do profesorado e sendo un Concurso específico da autonomía.

         Con respecto ao CONCURSO DE ORIENTACIÓN, o texto presentado é un texto continuista, non hai avances con respecto a outros anos. O principal problema xa reiterado desde ANPE Galicia convocatoria tras convocatoria, é o feito de que se descoñece totalmente, porque está sen perfilar e sen definir, unha rede de Orientación Educativa na nosa Comunidade. Consideramos que por aí se debería comezar o traballo e mái, nos tempos actuais, cunha nova Conselleira que, pola súa traxectoria profesional, debería ter unha especial sensibilidade coas necesidades educativas especiais e cando a Ministra de Educación tamén incide neste tema. Para ANPE é fundamental ter definida unha ampla Rede de Orientación Educativa e DEMANDAMOS ORIENTADOR/A EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS. (LER O RESUMO)

DEMANDAS de ANPE no punto 3 da Orde do día

  1. Demandamos que pasen pola Mesa as actas das Mesas Sectoriais da negociación do Acordo Retributivo. A Administración as traerá en vindeiras Mesas.
  2. ANPE Galicia considera que as especialidades de oposicións 2019 se deberían negociar na Mesa Sectorial e non limitarse a ser comunicadas previamente no Parlamento, o cal deixa pouca marxe de negociación. A Administración continúa a afirmar que non é ámbito desta Mesa.
  3. ANPE Galicia solicita unha fronte común de todas as OOSS para demandar o cobro da parte das pagas extras que nos adebedan desde o ano 2013. Só hai dúas comunidades que non o cobraron, Galicia e Cataluña e nesta última xa se comezan a tomar pasos no Parlamento. Demandamos un compromiso firme do goberno da Xunta de Galicia para cobrar ese diñeiro. . A Administración continúa a afirmar que non é ámbito desta Mesa.
  4. ANPE Galicia demanda novamente a restitución do cobro dos meses de verán para os substitutos/as que traballen máis de 5,5 meses no curso. ANPE Galicia non está disposta a renunciar a este punto. A Administración repite a mesma resposta que para a cuestión anterior.
  5. ANPE Galicia demanda de novo a creación e implantación da figura de persoal de enfermería nos centros educativos.
  6. ANPE Galicia manifesta de novo a súa queixa pola certificación lingüística por empresas externas á marxe das EOI.
  7. ANPE Galicia demanda información sobre o cobro das cantidades de MUFACE a partir do día 91 de baixa. A comisión de nóminas reunida en Xaneiro de 2018 se acordou solicitar un informe xurídico da Asesoría Xeral da Xunta de Galicia. Este informe se retrasou por cuestións internas pero recoñece o dereito do persoal do réxime especial da Seguridade Social a percibir o 100% das retribucións a partir do día 91. Se emitirán unhas instrucións de nómina que se están a elaborar. Cando estean asinadas se dará unha información completa de como se vai a realizar o proceso. Polo tanto hai unha resolución favorable e os que presentaron recurso recibirán unha resposta favorable. Queda, polo tanto, por dirimir como se vai a realizar o proceso.
  8. ANPE Galicia denuncia o problema xurdido coa actualización da aplicación de xestión de lista de substitucións e coa listaxe de códigos de centros inserida no aplicativo do Concurso Xeral de Traslados. E tamén en relación ao Concurso Xeral de Traslados demandamos información sobre a puntuación de titorías ao profesorado substituto xa que desde a Administración se nos trasladou que non se ía puntuar (soamente se puntuará a interinos e profesorado con destino de curso completo). A Administración confirma que non se puntuarán titorías efectuadas en substitucións porque non hai nomeamentos como titores nesta situación.