Resumo da Mesa de Negociación para a Homologación Retributiva


08 Xun, 2018

MS_ Resumo pola Homologación Retributiva do Profesorado Galego

A Administración comeza dicindo que non nos vai a presentar ningunha oferta económica nova diferente á presentada na tarde de onte. Nos presenta un documento para o seu debate deixando claro que o calendario é algo inamovible e innegociable. O documento deixa claro que afecta a todo o profesorado, inclúe cláusula de revisión e unha cláusula de protección que establece que o posible acordo se financia cos fondos adicionais do Acordo do 22 de marzo de 2018 o cal blinda o acordo contra posibles impugnacións por parte do Estado.

            A proposta da Administración é a seguinte:

01.10.2018: 10€
01.01.2019:15€
01.01.2020:25€€
01.01.2021:30€

Suba total: 80€ mensuais/1.120€ anuais.

ANPE Galicia manifesta novamente a súa intención de seguir negociando e deixa clara a súa vontade negociadora. ANPE Galicia comezou xa a solicitar apertura de negociacións retributivas en abril do ano 2015 pero, para nós a proposta económica segue a ser insuficiente.

Na segunda intervención, ANPE manifesta que hai dous momentos claros na negociación actual: o de antes do día de onte e a partires de ahí. E facemos esta reflexión porque o día de onte marcou un cambio nas regras de xogo deste negociación ao incluír na mesma o Acordo Estatal de marzo de 2018 que ANPE considera nefasto e contra o que xa se manifestou. 

Non imos a trasladar ningunha proposta diferente á que xa coñece a Administración Educativa.