O secretario xeral de Política Lingüística é competente para resolver o expediente, segundo o establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 27, do 8 de febreiro), en relación co procedemento de resolución das axudas establecido na base décimo terceira da convocatoria.
De acordo con todo o indicado, con base na proposta emitida pola Comisión Central de Cualificación,
RESOLVO:
Aceptar a proposta presentada pola comisión en todo o seu contido e conceder as axudas nos termos que figuran como anexo a esta resolución, no cal se inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación de centros excluídos, coa indicación das causas que determinaron a súa exclusión.