Volver

Galicia Mai 29, 2019

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas en sistemas electrotécnicos e automáticos e de equipos electrónicos


WEB - Resolución do 23 de maio de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202).

Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.

Resolución do 23 de maio de 2019: Resolución provisional

Terceiro.- De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura d oprocedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade  e Formación Profesional.

As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro,tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es

Relación de excluídos provisionais de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

ENLACE ás LISTAS


#Bolsas de Traballo #Listaxes

Volver