Volver

Galicia Mar 20, 2019

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas en informática, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura


WEBResolución do 20 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de sistemas e aplicacións informáticas (591227) e soldadura (591228).

Prazo de reclamacións de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. que presentarán por rexistro, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. As alegacións así formuladas deberán remitirse (despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro), tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es

Resolución do 20 de marzo de 2019: Provisional Informática 590107, sistemas e aplicacións informáticas 591227 soldadura 591228

Listaxe provisional de persoas excluídas de Informática 590107, sistemas e aplicacións informáticas 591227 soldadura 591228

ENLACE ás LISTAS


#Bolsas de Traballo #Listaxes

Volver