Volver

Galicia Abr 03, 2019

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a lista de Literatura Dramática


WEBResolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas seleccionadas e non seleccionadas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de literatura dramática (594455).

Resolución definitiva

Baremo definitivo e excluídos definitivos de literatura dramática

De acordo co disposto no parágrafo segundo da base sétima da convocatoria acordada pola Resolución do 8 de xaneiro de 2019, contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no citado portal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Bolsas de Traballo #Listaxes

Volver