Primeiro. Facer pública como anexo desta resolución a relación de aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso ao corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, ordenados por especialidade e número de orde.
Segundo.- Os destinos que obteñan as persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta resolución terán carácter provisional. De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que ingresen en virtude desta convocatoria deberán obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.
Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 39.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que accedan por este procedemento estarán exentas da realización da fase de prácticas. Verificado que as persoas que o superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas das persoas que accederon ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, para o seu nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira.
Cuarto. Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.