Volver

Galicia Xul 13, 2017

Reintegro por asistencia a actividades de formación


Xoves 13/07/2017  ORDE do 29 de xuño de 2017 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2017.    Establecer o procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da Consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, e que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2017.    Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería, e na Inspección educativa.     Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Estas persoas farán indicación expresa desta circunstancia, segundo o modelo do anexo I.    Estas solicitudes teranse en conta unicamente ao remate da segunda quenda e unha vez resoltas as solicitudes do persoal docente funcionario de carreira.    As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial que corresponda e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.    O prazo de presentación será de polo menos oito (8) días hábiles de antelación con respecto á data do comezo da actividade.      Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de oito (8) días hábiles de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.O último día do prazo para a presentación das solicitudes é o 10 de outubro de 2017.   Sobre este procedemento administrativo, que ten o código ED303A, poderase obter información a través dos seguintes medios:a) A seguinte páxina web:– www.edu.xunta.es.b) O seguinte teléfono:– 981 54 65 15.c) O seguinte enderezo electrónico:reintegros.fprofe@edu.xunta.es.       


#Formación #Premios, Becas e Axudas

Volver