Volver

Galicia Xul 10, 2018

Recoñecemento de servizos por vacacións non gozadas


ANPE Informa -  A Consellería de Educación está enviando ao correo electrónico de interinos e substitutos unha proposta de recoñecemento de servizos por vacacións non gozadas para todos aqueles que traballaron facendo substitucións na comunidade galega nos últimos 5 anos.

*Teñense en conta os días  recoñecidos na vida laboral como vacacións aboadas e non gozadas derivados dos servizos prestados como docente en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que non están superpostos con outros nomeamentos ou que non lle foron xa recoñecidos en nomeamentos do mes de xullo ou de agosto do ano correspondente.

Todos aqueles afectados, deben comprobar que os períodos de traballo están completos e ben contabilizados; para poder contrastalo, poden solicitar nunha oficina do INSS un certificado de vida laboral que recollera as cotizacións reais.

Ante calquera dúbida, presentar unha reclamación xa que só hai tres días habiles para reclamar desde recepción mail.

* Documentación xustificativa escaneada a:
  persoal.primaria@edu.xunta.es
  persoal.secundaria@edu.xunta.es


#Acción sindical #Interinos

Volver