Volver

Galicia Xan 12, 2019

Real Decreto 1/2019, do 11 de xaneiro, polo que se establecen os principios básicos comúns de avaliación


BOEReal Decreto 1/2019, do 11 de xaneiro, polo que se establecen os principios básicos comúns de avaliación aplicables ás probas de certificación oficial dos niveis Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1, e Avanzado C2 dos ensinos de idiomas de réxime especial.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula, nos seus artigos 59 a 62, os ensinos de idiomas de réxime especial. Polo que respecta á certificación destes ensinos, a citada lei, no seu artigo 61.1, determina que a superación das esixencias académicas establecidas para cada un dos niveis dos ensinos de idiomas de réxime especial dará dereito á obtención do certificado correspondente, cuxos efectos se establecerán na definición dos aspectos básicos do currículo das distintas linguas. Así mesmo, no apartado 2 do seu artigo 61, a lei establece que a avaliación dos alumnos que cursen os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, para os efectos do previsto no devandito artigo 61, será feita polo profesorado respectivo, e que as administracións educativas regularán as probas terminais, que realizará o profesorado, para a obtención dos certificados oficiais dos niveis básico, intermedio e avanzado.

Procede, por tanto, establecer os principios básicos comúns de avaliación aplicables ás probas de certificación oficial dos niveis Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1, e Avanzado C2 dos ensinos de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.


#Normativa #Ensinanzas de Idiomas

Volver