Puntuacións provisionais do concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor


10 Xul, 2018

WEBPublicación das puntuacións provisionais asignadas na primeira fase do concurso aos aspirantes presentados á convocatoria do concurso de méritos específicos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución de 6 de xuño de 2018, DOG do 13 de xuño).

O persoal aspirante poderá presentar as alegacións que estime convenientes contra a listaxe provisional, dirixidas á presidenta da comisión de selección, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación, de acordo co artigo 3 da orde de convocatoria e ademais deberán presentarse por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo sxp@edu.xunta.es.

Puntuacións provisionais do concurso de méritos