Volver

Galicia Mar 27, 2019

Proxecto de Orde das titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións


WEB - Proxecto de Orde das titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, PES, PT, EOI que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a información pública o proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A través do Portal de Transparencia da Xunta de Galicia poderán facerse as achegas ao dito proxecto dende o día 27 de marzo ata o 16 de abril de 2019.

Pode acceder a través do seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Proxecto de Orde

Anexo I - Corpo de Mestres

Anexo II - Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria

Anexo III - Corpos de Profesores Técnicos de FP

Anexo IV - Corpo de Profesores de Escolas de Idiomas


#Interinos #Habilitacións

Volver