Volver

Galicia Xun 13, 2017

Proxecto de fomento de uso do galego


Martes 13/06/2017  RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2016/17    Aceptar a proposta presentada pola Comisión en todo o seu contido e conceder as axudas nos termos que figuran como anexo a esta resolución, no cal se inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, con indicación da puntuación concedida e o financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación de centros excluídos, con indicación das causas que determinaron a súa exclusión.      Mércores 18/01/2017      Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2016/17    A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2016/17, e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento. Prazo de presentación de solicitudesUn mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 


#Plurilingüismo #Premios, Becas e Axudas

Volver