Volver

Galicia Xul 30, 2018

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación


DOG - ORDE do 13 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2018 (código de procedemento ED303A).

O obxecto desta orde é establecer o procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, e que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. 

Na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Reintegros individuais para a formación do profesorado, co código de procedemento ED303A.

Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería e na Inspección Educativa.

sí mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Estas persoas farán indicación expresa desta circunstancia, segundo o modelo do anexo I. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes. Estas solicitudes serán tidas en conta unicamente ao remate da segunda quenda e unha vez resoltas as solicitudes do persoal docente funcionario de carreira.

O persoal en prácticas poderá solicitar un reintegro por formación para a realización de actividades formativas sempre que estas non teñan lugar durante o período efectivo das prácticas.

Os reintegros concederanse para actividades de formación directamente relacionadas con igualdade, convivencia e inclusión, coas tecnoloxías da comunicación e información e ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) e co plurilingüismo. Ademais, en función da dispoñibilidade orzamentaria, concederanse para aquelas actividades directamente relacionadas coa disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparta a persoa solicitante e que sexa directamente trasladable á práctica docente, ou teña interese para as necesidades do centro educativo.

As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial que corresponda e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED303A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación será de polo menos 8 días hábiles de antelación con respecto á data do comezo da actividade. Se xa foron realizadas nestos meses deberá presentarse dentro dos 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O último día do prazo para a presentación das solicitudes é o 10 de outubro de 2018.

 

 

 


#Docentes #Premios, Becas e Axudas

Volver