Volver

Galicia Feb 04, 2019

Probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais


DOG  - ORDE do 23 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2019.

O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas primeira e segunda, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 18 de febreiro ao día 1 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

A sede de realización dos exames para cada especialidade publicarase na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.


#Formación Profesional #Convocatorias Específicas

Volver