Probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos


05 Feb, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

1. As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas, e os seus contidos terán como referente curricular os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables establecidos para cada un dos ámbitos de coñecemento no anexo IB da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, e ten como marco de referencia o establecido para a educación secundaria obrigatoria no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.