Volver

Galicia Ago 07, 2017

Prazas sometidas a convenio ou Programas específicos


Luns 07/08/2017  ORDE do 24 de xullo de 2017 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.    De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2017, en réxime de comisión de servizos por un período de un ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.    Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.     Venres 14/07/2017 Baremación provisional de méritos e relación provisional de persoas excluídas. Orde do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.    Prazo de reclamacións: 5 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación (art. 5.3 da citada orde).   >> Baremación provisional de méritos e relación provisional de persoas excluídas Luns 29/05/2017   CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.    () 2 prazas para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, en Santiago de Compostela (eliminan la de Coruña) Luns 22/05/2017    ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.    Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2016/17 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia o 31 de agosto de 2017 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.   O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.    Aínda que concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo III, coa cal achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo II para a acreditación dos méritos que alegue.Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal na aplicación informática www.edu.xunta.es/datospersoais   As persoas concursantes presentarán ademais un proxecto de traballo por cada posto que soliciten, que versará sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes a cada posto, tendo en conta as características destes, cunha extensión máxima de 20 folios por proxecto.    O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no correspondente proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposto pola comisión.    As persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2017, e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano. As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos, por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo. 


#Convocatorias Específicas #Funcionari@s

Volver