INSTRUCIÓNS: É moi importante seguir as indicacións que se detallan no documento "Instrucións alta en Profex e inscrición e rexistro solicitudes", da apartado "Información da solicitude", sección" Instrucións". Antes de comezar o proceso de solicitude debe ler atentemente o documento de "Preguntas frecuentes". Para registar a solicitude na plataforma Profex debe acceder á mesma coa súa FIRMA ELECTRÓNICA. Se ten problemas para rexistrar a solicitude electronicamente debe seguir as indicacións da web
++ Cidadáns españois con titulación universitaria ou estudantes do último curso universitario en 2017-18, para levar a cabo labores de auxiliares de conversación en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Federación de Rusia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Reino Unido e Suecia.
785 prazas provisionais, de acordo coas seguinte distribución . Estas cifras son aproximadas, pode haber modificacións en función das necesidades das autoridades educativas país de destino.
++ Estar nalgunha das situacións académicas seguintes:
Ser estudante de último curso durante o presente curso 2017-18 dunha das titulacións que se relacionan no documento de documento de previsiones . Para iso deberá estar matriculado de todos os créditos pendentes necesarios para finalizar os estudos.
Obter unha das titulacións que se relacionan no documento de previsións nos cursos académicos 2014-2015, 2015-2016 ou 2016-2017.
Obter o título de graduado, licenciado ou mestre nunha das titulacións que se relacionan no documento de previsións no curso académico 2013-2014 e posuír ou estar a cursar un título oficial de Máster de Ensino do Español como Lingua Estranxeira, no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras, ou Máster que habilita para o exercicio da función docente ou equivalente. LINK á páxina do Ministerio