Posta en funcionamento do IES de Soutomaior.


19 Xun, 2018

DOG - ORDE do 8 de xuño de 2018 pola que se autoriza a posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Soutomaior.

O Decreto 56/2018, do 9 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 1 de xuño, crea o instituto de educación secundaria de Soutomaior.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 27.1.b) do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro), que atribúe a competencia para propoñer a creación, supresión e transformación, clasificación, autorización e organización de centros de titularidade pública á consellería competente en materia de educación, concretamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorízase a posta en funcionamento do centro identificado cos datos que figuran a seguir:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Soutomaior.

Localidade: Arcade (Santiago).

Código postal: 36690.

Enderezo: estrada Provincial, s/n.

Código do centro: 36024987.

Denominación: instituto de educación secundaria de Soutomaior.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Bacharelato: modalidade de Ciencias (2 unidades); modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais (2 unidades).