Volver

Galicia Abr 10, 2019

Plurinfantil (Programa plurilingüe no 2º ciclo de infantil) para o curso 2019/20


DOGRESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2019/20.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo ao segundo ciclo da educación infantil para o curso 2019/20, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación. Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no Programa de ensinanzas plurilingües no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2019/20.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2019 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de Plurinfantil deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace www.edu.xunta.es/programaseducativos.


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver