Volver

Galicia Abr 10, 2019

Pluribach curso 2019/20 (Bacharelato de especialización en idiomas)


DOGRESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/20.

Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2019/20, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro 

Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal ) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/20.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2019 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 

Terceiro 

Que os centros que desexen impartir o programa de Pluribach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver