Volver

Galicia Set 24, 2019

Plan de melloras de Bibliotecas Escolares 2019/20


DOGORDE do 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.

Mediante a Orde do 2 de abril de 2019 (DOG do 16 de abril), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/20.

Primeiro. Conceder as contías que se sinalan nos anexos I, II e III aos centros públicos incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2018/19, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o devandito ano académico, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o período 2019/20.

Segundo. Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/20, os 28 novos centros públicos seleccionados, que se relacionan no anexo IV.

Sétimo. A participación do profesorado implicado neste programa de innovación educativa, en calidade de responsable da biblioteca escolar, con funcións de coordinación do equipo de apoio á biblioteca, e pola especial dedicación que require, recibirá unha certificación de innovación, equivalente a 30 horas de formación do profesorado por ano académico, ao abeiro do artigo 37 da Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.

Oitavo. Os centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares en virtude desta resolución están obrigados a integrar o logo oficial deste programa nos seus espazos web e nos documentos que difundan actividades da biblioteca escolar, para o que lles será remitido o correspondente arquivo desde a unidade de seguimento do programa. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima da biblioteca escolar, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa


#Centros #Plans e Programas

Volver