OPOSICIÓNS 2020- Previsión de datas de matrícula


09 Mar, 2020

WEB - A data de publicación no DOG da Orde que rixe as oposicións 2020 será previsiblemente o 11 de marzo posto que a Consellería publicou na súa web

https://www.edu.xunta.es/oposicions/ o seguinte:

" Desde o 12 de marzo ao 2 de abril de 2020 estará aberto o prazo de inscrición nos procesos selectivos para o ingreso nos diferentes corpos docentes que se convoquen pola Orde do ... de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm..., do 11 de marzo de 2020).

As persoas solicitantes deben rexistrarse obrigatoriamente na aplicación Oposicións, onde deberán crear unha instancia. É ademais obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo indicado na convocatoria."