Volver

Galicia Abr 21, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Proporcionalidade por especialidade


WEB - 18.700 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos compilados ao peche do prazo para presentar as solicitudes.

ENLACE á DISTRIBUCIÓN de prazas

O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019.

A proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.

O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas.

 


#Novas #Oposicións

Volver