Volver

  • Noticia destacada

Galicia Set 30, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Nomeamento como funcionarias/os en prácticas do corpo de SECUNDARIA


DOGORDE do 18 de setembro de 2019 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas dos corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 31 de xullo de 2019, publicada no DOG do 23 de agosto, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).


Segundo. Nomear funcionarios en prácticas a Marcos Salgado Rodríguez, con DNI ***6075**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como a Carlos Lixó Gómez, con DNI ***8744**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia e a Alba Carballo González, con DNI ***5491**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

Terceiro. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Andrea Fidalgo Giráldez, DNI ***9040**, especialidade lingua castelá e literatura, Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, especialidade de xeografía e historia, María Cristina Vilas Taboada, ***9983**, especialidade matemáticas, Vanesa Vázquez Novo, DNI ***8636**, especialidade inglés, Andrea Castelo Veiga, DNI ***9490**, especialidade lingua galega e literatura, Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade organización e proxectos de fabricación mecánica, a José Crecente Campo, DNI ***7728**, especialidade procesos na industria alimentaria e a María José Pazos García, DNI ***1824**, especialidade procesos de xestión administrativa, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario.

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 16 de setembro de 2019, ou do 17 de setembro de 2019 para quen teña un nomeamento en vigor correspondente ao curso 2018/2019 ata o 16 de setembro de 2019, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo) polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).


#Oposicións #Funcionari@s

Volver