Volver

Galicia Xun 05, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Composición dos TRIBUNAIS que xulgarán as probas


DOGRESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

DOGCORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

 

Os presidentes ou presidentas adoptarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

Segundo. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente.

Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.


#Oposicións #Documentos de Interese

Volver