Volver

Galicia Xul 10, 2019

OPOSICIÓNS 2018 - Recursos de alzada estimados


DOGORDE do 1 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Despois de estimados os recursos de alzada que formularon Daniel González Vázquez, María Serramito Calo, Noelia Fernández García, Diana Freiría Barreiro, Rosa María Andión Otero, Raquel Pereira Pereira e Óscar Saborido Fins respecto da puntuación da fase de concurso en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018, axustando a puntuación da fase de concurso e a puntuación final do concurso-oposición.

Segundo. O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de persoas que superaron o concurso-oposición nestas especialidades, que figuraban no anexo da Orde do 31 de xullo de 2018 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.


#Oposicións #Listaxes

Volver