Volver

Galicia Nov 06, 2018

OPOSICIÓNS 2017 - Nomeamento como Funcionarios de Carreira ao persoal seleccionado dos corpos de SECUNDARIA


BOEOrde EFP/1160/2018, do 24 de outubro, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Comunidade Autónoma de Galicia, noméanse funcionarios de carreira aos seleccionados nos procedementos selectivos convocados por Orde do 7 de abril de 2017.

Nomear funcionarios de carreira dos corpos de Profesores de Ensino Secundario, Profesores Técnicos de Formación Profesional e Profesores de Música e Artes Escénicas, aos seleccionados nos procedementos selectivos convocados por Orde do 7 de abril de 2017, que aparecen relacionados no anexo a esta orde, con indicación do Número de Rexistro de Persoal, especialidade e puntuación que lles corresponde.

Os nomeados a través da presente orde consideraranse ingresados como funcionarios de carreira do corpo de Profesores de Ensino Secundario Profesores Técnicos de Formación Profesional e Profesores de Música e Artes Escénicas, con efectos do 1 de setembro de 2018. 

A presente orde poderá ser recorrida potestativamente en reposición, no prazo dun mes e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Así mesmo, contra esta orde que é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional, conforme ao establecido no artigo 11.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, e artigo 66 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, na redacción dada pola Lei Orgánica 6/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á data da súa publicación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998.


#Oposicións #Funcionari@s

Volver