Volver

Galicia Xun 14, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Corrección de erros de Linguaxe Musical, Inglés, Informática e B&X


WEB - Corrección de erros pola que se corrixe o día de actuación para a parte B da Primeira proba do tribunal de Linguaxe Musical

                        594460- Linguaxe musical - PRIMEIRA PROBA
                         Parte A: 22 de xuño de 2019; Hora: 11.00. // 
 Parte B: 13 de xullo de 2019; Hora: 9.00.

                         Lugar: Conservatorio Superior de Música de Vigo. Rúa de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra.

 

DOG - CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Corrección de erros relativa ás probas de:

INFORMÁTICA E BIOLOXÍA e XEOLOXÍA: «Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica, das cales a persoa aspirante escollerá unha que, pola súa vez, poderá constar de varias partes, agás na proba deidenticación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos (coñecida como exercicio de «visu») da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía, así como na especialidade de Informática, nas cales os tribunais proporán unha soa opción».

EOI (INGLÉS

1. A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resumo da información que contén.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

2. A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal presente ao respecto.

3. Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico ou unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal».

 


#Oposicións #Documentos de Interese

Volver