Volver

Galicia Ago 23, 2018

OPOSICIÓNS - Relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición


DOGORDE do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Os destinos que obteñan as persoas opositoras que se relacionan no anexo desta orde terán carácter provisional e estarán obrigadas a participar, no seu momento, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As persoas opositoras que por causa xustificada e que, a xuízo da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, necesiten aprazamento da súa incorporación á fase de prácticas, logo de seren chamadas, deberán solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e achegarán a documentación xustificativa da causa que aleguen.

As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base décimo novena da Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde. 

( Presentar POR MEDIOS ELECTRÓNICOS dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:
 * Certificado médico.
 * Declaración responsable (segundo o Anexo que aparece na orde de convocatoria).
 * Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais , agás no suposto de ter autorizado na instancia a consulta de datos do Rexistro Central de delincuentes sexuais.)

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.


#Oposicións #Listaxes

Volver