Volver

Galicia Ago 24, 2018

OPOSICIÓNS - Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas do Corpo de MESTRES


DOGORDE do 2 de agosto de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas aspirantes ao dito corpo que se relacionan no anexo da Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2018, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).


#Oposicións #Funcionari@s

Volver