OPOSICIÓNS - Listaxe provisional de admitidos e excluidos


22 Mai, 2018

WEB - Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e mestres para o ano 2018

Prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación para formular reclamacións

Listaxe provisional de admitidos primaria

Listaxe provisional de excluídos primaria

Listaxe provisional de admitidos secundaria

Listaxe provisional de excluídos secundaria

23/05/2018: Reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído

O día 22/05/2018 publicáronse no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (na ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25050) as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

De acordo co que establece a base 6.2 da convocatoria, contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal. Polo tanto, o prazo para formular reclamacións ás citadas listas é o comprendido entre o 23/05/2018 e o 29/05/2018, ambos incluídos.


Para formular unha reclamación deberá entrar na sede electrónica https://sede.xunta.gal co seu certificado dixital, DNI electrónico ou chave365, a través da icona “a miña sede” e no apartado de “últimos expedientes e presentacións”, na solicitude do procedemento ED001A, elixir en “acción” a opción de formular alegacións e seguir os pasos que lle indica a aplicación para formular a reclamación e achegar escanada a documentación acreditativa que vostede considere pertinente.

Ao encher o modelo de alegacións, no apartado "expediente", debe indicar "oposicóns primaria" ou "oposicións secundaria" segundo proceda. É necesario seguir todos os pasos e chegar ao final do proceso e picar na icona “asinar e presentar”; ao final poderá obter un xustificante da presentación e o modelo de alegacións asinado.


No caso de que unha das causas de exclusión sexa a relativa ao aboamento dos dereitos de exame (taxa), as persoas excluídas poderán realizar no prazo indicado o aboamento que corresponda e formular a reclamación do xeito indicado anteriormente, acreditando o pagamento e/ou achegar a documentación acreditativa da exención ou bonificación. Para realizar o aboamento da taxa deberá acudir á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), apartado "cidadáns" e en "pago de taxas e prezos" picar na icona "iniciar taxa" e elixir a opción de pagamento que considere oportuna. Deberá indicar o importe que corresponda e os códigos que se indican na base 3.8 da convocatoria. Logo do pagamento da taxa, deberá escanar o xustificante e xuntalo ao realizar a reclamación.


Lémbrase que non está permitida a presentación de reclamacións por calquera outro medio que non sexa o indicado anteriormente.