Volver

Galicia Out 02, 2018

OPOSICIÓNS - Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas dos corpos de SECUNDARIA


DOG - ORDE do 14 de setembro de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

De conformidade co establecido na base undécima, décimo oitava e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional, as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 31 de xullo de 2018, publicada no DOG do 23 de agosto, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

Segundo. Nomear funcionarios en prácticas a Noelia María Galán Rodríguez, con DNI 47372002Y, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas, con DNI 52457475H, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Terceiro. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Carlos Lixó Gómez, con DNI 53487445W, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e a Alba Carballo González, con DNI 33554915P, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario.

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 17 de setembro de 2018, ou do 15 de setembro de 2018 para quen teña un nomeamento en vigor correspondente ao curso 2017/18 ata o 14 de setembro de 2018, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo) polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

 

 


#Oposicións #Funcionari@s

Volver