Volver

Galicia Out 22, 2018

Novos centros plurilingües autorizados para para o curso 2018/19


DOGORDE do 5 de outubro de 2018 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde desta consellería do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio) pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros plurilingües que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa


#Plurilingüismo #Centros

Volver