Volver

Galicia Out 23, 2019

Novas seccións bilingües para o curso 2019/20


DOG RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a autorización de novas seccións bilingües para o curso 2019/20 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a autorización de novas seccións bilingües para o curso 2019/20 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.

A Orde do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio) regula as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

Finalizado o procedemento establecido na citada orde para a autorización de seccións bilingües e, segundo o disposto no artigo 12.2, procédese a facer pública a relación de novas seccións bilingües autorizadas a partir do curso 2019/20.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros con seccións bilingües que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Plurilingüismo #Seccións Bilingües

Volver