Volver

Galicia Out 22, 2018

Novas seccións bilingües autorizadas no curso 2018/19


DOGRESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a autorización de novas seccións bilingües no curso 2018/19 en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.

A Orde do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio) regula as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

Finalizado o procedemento establecido na citada orde para a autorización de seccións bilingües e, segundo o disposto no artigo 12.2, procédese a facer pública a relación de novas seccións bilingües autorizadas a partir do curso 2018/19.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros con seccións bilingües que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Plurilingüismo #Centros

Volver