Volver

Galicia Set 15, 2017

NOMEAMENTO Funcionarios/as en prácticas - Secundaria


Venres 15/09/2017       ORDE do 11 de setembro de 2017 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).    O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 15 de setembro de 2017, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.    O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo). 


#Nomeamentos #Funcionari@s

Volver