Volver

Galicia Ago 25, 2017

NOMEAMENTO Funcionarios/as en prácticas - Mestres


Venres 25/08/2017    ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).    O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2017, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.    O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo). 
 


#Nomeamentos #Funcionari@s

Volver