Volver

Galicia Xun 06, 2018

MUFACE: cambio de entidade médica en XUÑO


Durante o mes de XUÑO, os mutualistas e beneficiarios con documento asimilado ao de afiliación, que estean adscritos ao INSS (Sistema Sanitario Público) ou ás Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria (ADESLAS, ASISA, DKV e Igualatorio de Cantabria), poderán solicitar cambio de entidade médica.
 
Para facilitar a toma desta decisión pódese consultar os catálogos das distintas entidades na seguinte ligazón.
 

 

Quen opte por cambiar de entidade pode realizar a solicitude a través da sede electrónica de MUFACE, se dispón de certificado dixital ou DNI electrónico, ou de forma presencial no seu Servizo Provincial ou na Oficina de MUFACE máis próxima, presentando xunto á súa solicitude de cambio de entidade, debidamente cumprimentada, o documento de afiliación ou, na súa falta, o documento asimilado ao de afiliación.

 


#Muface #Acción Social

Volver